«Asimismo, expresa su deseo, de que, caso de ser posible el permiso a su fallecimiento, su cuerpo sea sepultado sin sacerdote en dicho museo».
Testamento Manfred Gnädinger. 3.11.1972
Onte, 46 anos despois da escritura deste documento, cumpliuse o desexo de Man de descansan para sempre no seu xardín -museo.As 12.00 h. no interior do Museo Man de Camelle, o Concello de Camariñas, familiares e amigos rendiron un emotivo homenaxe a Manfred Gnädinger co motivo do aniversario do nacemento do artista.

No acto, presentado polo xornalista D. Xosé Ameixeiras, participaron numerosas persoas, entre elas, Dna Concepción Regueira “Chita” ,veciña de Camelle e amiga de Man dende a súa chegada a Camelle. Continuou Dna Mercedes Martín González, impulsora da conservación do seu legado e membro fundador da Fundación Man que expresou a súa profunda creenza en Mam. Segundo ela dixo, foi un adiantado ao seu tempo e «a súa vida e filosofía debería de chegar moito máis alá deste pobo, Galicia e España».

Posteriormente interviño o arquitecto D. Juan Creus do estudo Creus e Carrasco, encargado da rehabilitación da casa de Man. Creus comentou a súa vinculación con Man e a súa obra xa desde pequeno, e explicou as vicisitudes do traballo feito que tentou ser o máis respetuoso posible. Continuou D. David Formoso, realizador xunto a Simón Vázquez do documental «Man home sen paz» .

Finalizou coa intervención do alcalde D. Manuel Valeriano Alonso de León e cunhas verbas moi emotivas da familia de Manfred Gnädinger. Ewald Gnädinger, irmá de Man, agradeceu de corazón aos veciños de Camelle e amigos do artista a organización da homenaxe visiblemente afectado. Durante todo o acto, contouse coa actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas dirixido por Javier Sampedro que interpretou magnificamente varias cancións .

Ao finalizar, o irmán de Man trasladou as cinzas do artista a súa casa-museo, acompañado dunha comitiva de máis de duascentas persoas, onde a familia de maneira íntima,despediuse de Man depositando as súas cinzas no interior da casa.

Man descansa xa no seu lugar máis prezado.
A familia do Museo esperamos que hoxe esteas un pouquiño máis orgulloso do teu legado..