Inauguración da exposición “Áreas mariñas protexidas” e coloquio “Microplásticos & Cosmética”

panel1

O vindeiro 22 de marzo inaugurarase a exposición itinerante “Áreas Mariñas Protexidas” que trata de concienciar sobre o ameazados que se atopan os ecosistemas mariños polo consumo de plásticos e de materias tóxicas que consumimos no noso día a día. Numerosos traballos científicos coinciden en sinalar que supoñen un grave perigo para a vida mariña e para nós mesmos. Un problema de alcance mundial que é preciso dar a coñecer.

Manfreg Gnädinger abordou dende cedo esta cuestión, revelándoa na súa obra a través dos plásticos que recollía na súa contorna e que transformaba nas coñecidas crebas. Neste senso, dende o Museo Man de Camelle, queremos darlle continuidade, apostando pola concienciación, a divulgación e promovendo prácticas respectuosas e de consumo responsable co medio ambiente. Comprometidos por continuar difundindo os valores que defendía Man, o vindeiro xoves abrirá esta exposición coa que trataremos de achegar o incuestionable patrimonio, tanto natural como cultural, que atesouran as áreas mariñas.

Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais, como aproveitándonos do seu “ilimitado” poder de asimilación de residuos. Ao principio, a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños polo que, na actualidade, as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.

Debido a isto, os obxectivos de dita exposición versarán na sensibilización da poboación sobre a importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico; darase a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e o litoral; e sinalarase o papel que cada un de nós pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación do mar. Estes obxectivos desenvolveranse a través dunha serie de actividades educativas para traballar o tema con rapaces e rapazas entre 6 e 15 anos ata o 15 de abril.

Xunto coa mostra o sábado 24 de marzo terá lugar a xornada informativa “Microplásticos & Cosméticas”  que a partir das 17:00 h contará co seguinte programa:
Relatorios

A contaminación por microplásticos no medio mariño.
Juan Bellas Bereijo
Profesor de Investigación OPIs
Instituto Español de Oceanografía (IEO)
Centro Oceanográfico de Vigo
Máis aló da beleza. Avaliación da presenza de
sustancias potencialmente tóxicas en cosméticos.
Dra. María Celeiro Montero
Departamento de Química Analítica, Nutrición y Bromatología
Universidade Santiago de Compostela
 Cosmética natural, a alternativa sana e sostible.
Mara Esmorís
Enxeñeira Química e Cosmetóloga
Xerente de lily & WHITE (alta cosmética orgánica)

Coloquio

Peche da xornada

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s