Acerca de

O MUSEO MAN DE CAMELLE (Camariñas – A Coruña), de titularidade municipal está situado no peirao de Camelle.Foi inaugurado o 05 de xunio do 2015 e o seu obxectivo principal reside en protexer, conservar e difundir o legado artístico e persoal de Manfred Gnädinger, por todos coñecido como Man, o alemán de Camelle (Böhringer, Alemania 1936 – Camariñas – A Coruña,2002)

SERVIZOS

Colección completa do legado artístico e persoal de MAN

Exposición permanente dunha parte do seu legado.

Programa educativo.

Visitas guiadas.

Exposicións temporais.

Actividades culturais (conferencias, xornadas, etc.)

Acceso aos fondos para investigadores (previa solicitude).