Exposición “Mar de Fábula: unha viaxe de cinco anos”

_DSC4220 - copia

O  Museo Man de Camelle inaugurou o pasado 28 de xullo  unha exposición da asociación “Mar de Fábula” denominada “Mar de Fábula: unha viaxe de cinco anos” que estará aberta ata o vindeiro 16 de setembro.

Dita asociación ten como obxectivo fundacional a limpeza e retirada do mar dos residuos sólidos depositados nas beiras das praias para evitar a súa volta ao océano. A súa orixe remonta ao ano 2014 cando as nosas costas víronse sucesivamente asolagadas por enormes volumes de lixo mariño traído polos continuos temporais. Dende aquela, encabezados por Xosé Manuel Barros, comezaron unha incansable labor de limpeza de praias e coídos da Costa da Morte e da área metropolitana da Coruña.

_DSC4174.JPG

Ademais da labor de limpeza, Mar de Fábula  e unha asociación comprometida coa sustentabilidade ambiental que traballa na difusión e concienciación da cidadanía no coidado de medio ambiente e na loita contra o Cambio Climático.

Nesta mostra ven acompañado por varios colectivos e artistas  que forman parte da asociación “Mar de Fábula”. Os encabezan dous grupos artísticos como son Retoque Retro, colectivo de artistas que navega entra a escultura, pintura e a produción dunha fauna fantástica realizada a partir de crebas; e Alivava que traballan principalmente “paos de deriva” e pedra aos que insuflan vida a través dunha intensa gama cromática. A mostra tamén conta cunha pequena exhibición de fotografías denominadas “Apocalipse do plástico” realizadas por Rebecca Ramanathan.

_DSC4126 - copia

_DSC4133 - copia

Durante o acto inaugural leváronse  a cabo  o concerto de  Jonathan Balbuena (guitarra e voz) e Alfredo Dourado (baixo e voces) que interpretarán temas do novo disco de “O Gato de Cheshire”. E fechou cunha performance a cargo do artista membro da asociación, Pablo López Segura denominada “A anulación do suxeito”. É a primeira tentativa do artista por abordar o problema medioambiental na que representou a asfixia xeralizada producida pola contaminación dos mares.

_DSC4250

_DSC4269

Non vos perdades a mostra!!!

Enlaces de interés:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2018/07/29/cinco-anos-mar-fabula-exposicion-camelle/0003_201807C29C11997.htm

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-80  (a partir del minuto 2:30)

https://www.elindependiente.com/desarrollo-sostenible/2018/08/11/mar-fabula-cinco-anos-cuidando-del-mar/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/faigaliciaverde/2018/07/29/mar-plastico-amenaza-real/0003_201807G29P32994.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/camarinas/2018/08/23/me-siento-identificada-manfred/0003_201808C23C8991.htm

Inauguración da exposición “Áreas mariñas protexidas” e coloquio “Microplásticos & Cosmética”

panel1

O vindeiro 22 de marzo inaugurarase a exposición itinerante “Áreas Mariñas Protexidas” que trata de concienciar sobre o ameazados que se atopan os ecosistemas mariños polo consumo de plásticos e de materias tóxicas que consumimos no noso día a día. Numerosos traballos científicos coinciden en sinalar que supoñen un grave perigo para a vida mariña e para nós mesmos. Un problema de alcance mundial que é preciso dar a coñecer.

Manfreg Gnädinger abordou dende cedo esta cuestión, revelándoa na súa obra a través dos plásticos que recollía na súa contorna e que transformaba nas coñecidas crebas. Neste senso, dende o Museo Man de Camelle, queremos darlle continuidade, apostando pola concienciación, a divulgación e promovendo prácticas respectuosas e de consumo responsable co medio ambiente. Comprometidos por continuar difundindo os valores que defendía Man, o vindeiro xoves abrirá esta exposición coa que trataremos de achegar o incuestionable patrimonio, tanto natural como cultural, que atesouran as áreas mariñas.

Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais, como aproveitándonos do seu “ilimitado” poder de asimilación de residuos. Ao principio, a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños polo que, na actualidade, as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.

Debido a isto, os obxectivos de dita exposición versarán na sensibilización da poboación sobre a importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico; darase a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e o litoral; e sinalarase o papel que cada un de nós pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación do mar. Estes obxectivos desenvolveranse a través dunha serie de actividades educativas para traballar o tema con rapaces e rapazas entre 6 e 15 anos ata o 15 de abril.

Xunto coa mostra o sábado 24 de marzo terá lugar a xornada informativa “Microplásticos & Cosméticas”  que a partir das 17:00 h contará co seguinte programa:
Relatorios

A contaminación por microplásticos no medio mariño.
Juan Bellas Bereijo
Profesor de Investigación OPIs
Instituto Español de Oceanografía (IEO)
Centro Oceanográfico de Vigo
Máis aló da beleza. Avaliación da presenza de
sustancias potencialmente tóxicas en cosméticos.
Dra. María Celeiro Montero
Departamento de Química Analítica, Nutrición y Bromatología
Universidade Santiago de Compostela
 Cosmética natural, a alternativa sana e sostible.
Mara Esmorís
Enxeñeira Química e Cosmetóloga
Xerente de lily & WHITE (alta cosmética orgánica)

Coloquio

Peche da xornada

Man descansa xa na súa casa-museo

13346776_1093458510715666_4491844482800497673_n

“Asimismo, expresa su deseo, de que, caso de ser posible el permiso a su fallecimiento, su cuerpo sea sepultado sin sacerdote en dicho museo”.
Testamento Manfred Gnädinger. 3.11.1972

 

 

Onte, 46 anos despois da escritura deste documento, cumpliuse o desexo de Man de descansan para sempre no seu xardín -museo.As 12.00 h.  no interior do Museo Man de Camelle, o Concello de Camariñas, familiares e amigos rendiron un emotivo homenaxe a Manfred Gnädinger co motivo do aniversario do nacemento do artista.

IMG_20180127_121005902
Momento da homenaxe presentada por D. Xosé Ameixeiras

No acto, presentado polo xornalista D. Xosé Ameixeiras, participaron numerosas persoas, entre elas, Dna Concepción Regueira “Chita”  ,veciña de Camelle e amiga de Man dende a súa chegada a Camelle. Continuou  Dna Mercedes Martín González, impulsora da conservación do seu legado e membro fundador da Fundación Man que expresou a súa profunda creenza en Mam. Segundo ela dixo, foi un adiantado ao seu tempo e “a súa vida e filosofía debería de chegar moito máis alá deste pobo, Galicia e España”.

IMG_20180127_122158023
Intervención de Mercedes Martín González da Fundación Man.

Posteriormente interviño o arquitecto D. Juan Creus do estudo Creus e Carrasco, encargado da rehabilitación da casa de Man. Creus comentou  a súa vinculación con Man e a súa obra xa desde pequeno, e explicou as vicisitudes do traballo feito que tentou ser o máis respetuoso posible. Continuou D. David Formoso, realizador xunto a Simón Vázquez do documental “Man home sen paz” .

IMG_20180127_131502539
Momento do deposito das cinzas na súa casa

Finalizou coa intervención do alcalde D. Manuel Valeriano Alonso de León e cunhas verbas moi emotivas da familia de Manfred Gnädinger.  Ewald Gnädinger, irmá de Man, agradeceu de corazón aos veciños de Camelle e amigos do artista a organización da homenaxe visiblemente afectado. Durante todo o acto, contouse coa actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas dirixido por Javier Sampedro que interpretou magnificamente varias cancións .

 

IMG_20180127_133313127
Familia de Manfred Gnädinger xunto a amigos de Man en Camelle

Ao finalizar, o irmán de Man trasladou as cinzas do artista a súa casa-museo, acompañado dunha comitiva de máis de duascentas persoas, onde a familia de maneira íntima,despediuse de Man depositando as súas cinzas no interior da casa.

IMG_20180127_134540156
Interior da súa casa

Man descansa xa no seu lugar máis prezado.

A familia do Museo esperamos que hoxe esteas un pouquiño máis orgulloso do teu legado..

 

Enlaces a prensa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/camarinas/2018/01/28/man-descansa-fin-paz-caseta/0003_201801C28C1991.htm
https://politica.elpais.com/politica/2018/01/27/actualidad/1517064524_475719.html
http://www.europapress.es/galicia/noticia-emotivo-homenaje-camarinas-coruna-man-camelle-cuyas-cenizas-descansan-ya-casa-museo-20180127191928.html
https://www.adiantegalicia.es/costa-da-morte/2018/01/27/las-cenizas-de-man-de-camelle-descansan-en-su-casa-.html

Finalizan os traballos de rehabilitación da Casa de Man

25151959_1633468446714667_2458945929481307968_n
O pasado 14 de decembro fíxose entrega da casa de Man tras finalizar os traballos de rehabilitación. Na imaxe o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, o concelleiro de obras Juan Carlos Canosa, os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco e os representantes da empresa de construción Messi, o xerente José Bemposta e o restaurador Jonathan Balbuena

Por Jonathan Balbuena*

Unha casa espida de toda a súa antiga significación, corrompida polos anos de abandono e traxedias, enferma dunha soidade da que outrora careceu, na que o seu único habitante acicalaba con racional degoxo a sabendas da súa potencial riqueza plástica. Atopámonos cunha ruína ancorada nun tempo glorioso que xa non existía.

As súas paredes esporranchas, sen mostrar o lenzo que conformaron nun recente pasado,dánnos conta que o espírito que habitaba esta especial peza escultórica esvaeceu deixando un legado ao que temos que dar sentido, non só estético, senón tamén un sentido sentimental e racional que remarque esa “alieníxena” figura que era Man.

IMG_20171108_175320
Colocación do chan da casa

O primeiro foi dotar de chan a ese lugar pedregoso e inhabitable que nun pasado aínda moi presente serviu de apoio físico e vital ao morador anacoreta que viu nesa Costa da Morte un lugar privilexiado onde afondar un museo diferente e peculiar. Un museo que tras o seu esforzo individual foi quen de dotar de existencia a ese escondido pobo mariñeiro situándoo nun mapa onde o mundo se fixo cada vez máis pequeno.

Tras a colocación da tarima de madeira ao xeito de Manfred, proseguiuse coa estrutura,tamén en madeira, que sostería o peso dun tellado aberto ao ceo por unha fenda a modo dun corazón escachado que choraba nos días negros a ausencia do seu pulso de vida,estrañando o agarimo co que foi tratado ata ese fatídico 28 de decembro do 2002 onde unha inmensa balea negra devorou a realidade na que convivían en perfecta harmonía o mundo natural e a súa marabillosa artificialidade.

IMG_20171130_180924

Vista dos vidros renovados

Coa estrutura física e tamén emocional rematada e o arranxo de todas as lacrimóxenas crebas, a renovación dos vidros do pequeno habitáculo foi o seguinte reto. Estes corenta e oito vidros, colocados estratexicamente para que o contacto co seu mundo natural circundante fose total, conformaban un lugar panóptico onde o control dos elementos era o primordial, podendo observar dende estrelas fixas e mareas ata puntos estratéxicos da baía. Grazas ás diferentes cores coas que engalanaba cada un destes transparentes elementos configuraba un prisma onde a luz abatanaba de tal xeito que a perfección lumínica do arco da vella permutaba a branca luz do interior pola intensa e sofisticada bandeira multicolor deste fenómeno tinxido dunha artificiosidade teatral, unha artificiosidade na que o mundo de Man modelaba ata o transcorrer do tempo por medio das cores que esvaraban no interior das súas paredes fartas dos engalamentos que hoxe tanto anhelaba.

DSC_0380
Vista da casa antes da rehabilitación
IMG_20171128_163810
Vista da casa tras finalizar os traballos

A reintegración cromática das pinturas do exterior levouse a cabo coa diferenciación autor/restaurador. A recuperación das fortes tonalidades das pinturas mandfredianas foi o que rematou por devolver o espírito e vida a esa casa xa cansada de esperar tempos mellores, de agardar vellos tempos, onde a súa viva aparencia e ese falar colorista chocaba coa imaxe de ollos tristeiros do seu creador. Un creador que falaba en moitos idiomas pero que plasmaba todos eles nunha arte infinita, nunha arte que, como os seus círculos, non tiña comezo nin final.

 

*Jonathan Balbuena é titulado en Conservación e Restauración de Bens Culturais e foi o encargado dos traballos de rehabilitación da Casa de Man en Camelle. O noso agradecemento pola elaboración deste post.

15 ANOS SEN MAN

Cartaz 15 aniversario Alta

O vindeiro 28 de decembro cúmprense 15 anos do pasamento de Man. Na súa honra queremos adicarlle un día cheo de actividades para lembralo.

Da man do artista Antón Sobral, o día 16 de decembro celebraranse no Museo Man de Camelle as seguintes actividades de acceso gratuíto:

Imagen3

-10:30 h-12:30 h“Obradoiro sobre crebas”

O Colectivo artístico “Retoque Retro” fará un obradoiro dirixido a todos os nenos e nenas do Concello de Camariñas no que tratarán de concienciar sobre á reciclaxe do lixo, neste caso para transformalo en arte. (máximo 50 asistentes)

2017-11-21 09.48.22

13:00 h. Xurxo Souto  charla“Man e o mar”

O escritor e actor galego dará unha conferencia sobre a relación de Man co mar.

11081408_837001596348855_5939843318420297948_n

-17:00 h. Concerto “Mardeafora”

Mardeafora xorde do desexo de contar historias a través da música, gozando no proceso. Miguel Villanueva (guitarra), Xavier Blanco (guitarra), e Alba Blanco (voz) compoñen a formación deste proxecto.

Ateneo01

Tamén poderase visitar a exposición permanente ou ver como avanzan os traballos de rehabilitación da casa de Man que para ditas datas estarán a piques de rematar.

Para máis información chamar ao teléfono do Museo Man de Camelle: 981 710 224.

Comeza a rehabilitación da caseta de Man

IMG-20171030-WA0010
Inicio dos traballos de consolidación das pinturas

A caseta de Man e un dos elementos máis característicos de toda a súa obra. A súa historia comeza cando o veciño de Camelle, Pepe Mouzo, ofértalle a cesión dun terreo ao carón do mar, no ano 1971. A vivenda que el buscaba construír era un habitáculo mínimo que lle permitise gorecerse do frío e do vento dos duros invernos costeiros no norte de Galicia. Construída en ladrillo, contaba cun pequeno solarium de forma triangular que permitía quentar a casa á vez que, de noite, Man podía contemplar as estrelas.

15775087_1283466005048248_6927608780610148213_o
Xardín -Museo. Anos 70

O máis recoñecible desta vivenda son os círculos debuxados no seu exterior. Ao longo do tempo, Man cambiou en varias ocasións a fachada; a pesar dos cambios, sempre empregou o círculo como elemento principal, ao igual que en toda a súa obra. Nos primeiros anos empregou as cores branca e negra pero, co paso do tempo, engadiulle as cores primarias (azul, vermello e amarelo) e, posteriormente, mesturas.

1

11800533_923988284329357_5199889144493506842_nTamén destacan os pequenos ocos que se abren de forma aleatoria para o paso de luz nas partes altas e para permitir ventilación coas ventás baixas. Todos os vidros da vivenda estaban cubertos con distintos tons de cores azul, verde e vermella que lle proporcionaban distintos xogos de luz, tanto no interior da vivenda como nos arredores. Este xogo coa forma, a cor, o tamaño e a disposición dos ocos recordan a igrexa de Ronchamp de Le Corbusier, o cal utilizara esta técnica rememorando as vidreiras das grandes catedrais góticas europeas.

Grazas a todos estes elementos a casa camúflase no terreo entre aparellos e espuma de poliuretano, principalmente na súa cuberta, semellando así ser un obxecto máis traído polo mar; o mesmo que o resto de esculturas e instalacións que, no Xardín-museo, Man foi depositando. Ninguén podía prever o que acontecería no 2002, co naufraxio do petroleiro Prestige e a morte de Man, facendo que a caseta e o Xardín-museo sufriran danos irreparables a partir dese ano.

Iniciativas coma a Fundación Man de Camelle, traballaron no recoñecemento da figura e legado de Man, polo que en maio de 2009 levouse a cabo a proposta para a declaración do museo como Ben de Interese Cultural (BIC) e a redacción dun Plan Especial no que se recollía a urxencia dunha proposta para a Rehabilitación da Casa de Man como peza fundamental do seu legado.

En outubro de 2012, o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas (PXOM), recolle no seu Plano de Clasificación e Calificación do Solo do Termo Municipal un ámbito de Protección de Elementos Arquitectónicos entorno ao Museo e, no seu Catálogo de Patrimonio Cultural, o Museo de Man como un ben patrimonial catalogado.

3d1
Reconstrucción virtual caseta. Proxecto GAC

No ano 2015, dentro do proxecto GAC “Man: mar,arte e natureza”, vendo os problemas de conservación que tiña o xardín–museo e a súa destrucción tras os invernos de 2013 e 2014, comenzanse os traballos de virtualización do xardín-museo.

IMG-20171026-WA0010
Momento do asinado de contrato para inicio dos traballos

Tras unha longa espera e duro traballo o 23 de outubro deste ano, o Concello de Camariñas, formalizou o contrato para a recuperación da Casa de Man de Camelle segundo o proxecto elaborado por Juan Creus e Covadonga Carrasco. Os traballos que teñen un tempo de duración estimado de 50 días constan da limpeza selectiva do interior do espazo, limpeza e reparación ou reposición de paramentos,cuberta e solarium ademáis da reposición dos estantes que había no interior. Respecto a conservación das pinturas exteriores, realizarase a fixación e consolidación da policromía con adhesivo.

Fonte:

Creus, J e Carrasco C. Proxecto básico e de execución recuperación da casa de Man en Camelle. marzo 2016

Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle

Manfred na xuventude
Manfred na xuventude

Manfred Gnädinger, nado en Alemaña no ano 1936, foi un artista autodidacta que no ano 1961 comeza unha viaxe que o levaría ata Camelle (Camariñas), onde rompería todo vínculo coa sociedade para vivir adicado a súa arte. Co tempo, establécese nun terreo ao carón do mar e vive en harmonía total coa natureza, mergullándose nas frías augas do mar e correndo polos camiños da vila acotío. Manfred desaparece.. e nace Man.

11168014_885196724875180_6510547829211118399_n
Manfred no interior da súa vivenda. Anos 70

 

Nos anos 70 comeza a realizar a súa obra, na que os círculos e as cores básicas son unha parte fundamental. Pronto as súas creacións esténdese por toda a vila e arredores e, nos anos 80, consolida o seu proxecto museístico: o xardín-museo, no entorno da súa vivenda. A súa forma de vida radicalízase e comeza a cultivar os seus propios alimentos e a servirse do que lle ofrece a natureza.

 

11069758_866601500068036_1085019670094251011_n
Xardín-museo. Anos 80

En 1985 lévase a cabo a construción do espigón, supoñendo a destrución de parte da súa obra. Como protesta, Man deixa as súas pegadas no formigón cando o material estaba aínda fresco. Decide entón facerse con este novo elemento integrándoo no seu xardín en lugar de rexeitalo.

14681595_1204248759636640_3411687369971636541_n
Man arranxando o seu xardín escultórico

O 13 de novembro do ano 2002 naufraga o petroleiro Prestige e inúndase o museo de Man coa marea negra tres días despois. Esta situación leva ao artista a unha profunda depresión, morrendo o 28 de decembro de 2002.Moi probablemente Man deixouse morrer, non soportaba máis o sufrimento do mundo, e ata chegou a dicir que a catástrofe non debía limparse por ser un episodio da historia e porque serviría para recordar que “o home  non quere ao home, nin ao mar, nin aos peixes nin á praia”. A súa fotografía dará a volta ao mundo.

 

 

14976394_1229125153815667_2939223628472933065_o
Man tras a chegada do chapapote ao seu museo. Autor: J. M. Casal

A súa obra é froito de toda unha vida de traballo sen descanso, comprometida coa comuñón total entre a vida, arte e natureza. As súas pezas non se poden desvincular da súa vida, do seu corpo, de todo o seu ser. Comprender a obra de Man pasa por localizar e dimensionar a súa figura na arte contemporánea e máis concretamente no movemento de arte e natureza. Unha vida e obra vencellada ao mar e ao respecto polo medio natural.

14390960_1177692535625596_244433638407356341_n
Man no xardín